O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, programou para esta  semana, coincidindo coas Letras Galegas, as I Xornadas para o fomento da Lingua Galega “En galego, Por que non?”

O alumnado de 4º de infantil traballamos o proxecto: “Nuba viaxa a Galicia”. 

A nosa mascota axudounos a coñecer a bandeira de Galicia.

A Muralla de Lugo: quen a construíu, para que,…

Un prato típico: o polbo

Xogamos a ser polbeiros nunha feira.

Con temperas e unha palliña, debuxamos foguetes,  como os que iluminan o ceo nas festas de Galicia.

Actividades interactivas sobre Carlos Casares.

A galiña azul

que logo coloreamos.

E cantamos “Teño un tesouro”, tema inédito que compuxo a profe Carmen.

Nuba quedou encantada coa viaxe!!

Galicia somos nós:

a xente e máis a fala.

Se buscas a Galicia

en ti tes que atopala!

Manuel María (Os soños na gaiola)