(Vídeo realizado polos alumnos de 6º de primaria).

Hoxe empezamos coas II Xornadas para o fomento da Lingua Galega. Moli deixa París e ao longo dunha semana estará viaxando por Galicia, ven a festexar con nós a festa da nosa Lingua: As Letras Galegas.

Con el, situaremos a Galicia no mapa de España; coñeceremos o escudo e a bandeira. Viaxará a Lugo para coñecer a nosa Muralla e probar o polbo. Coñeceremos a vida e obra da autora homenaxeada: María Victoria Moreno Márquez; Xogaremos con xogos tradicionais como facía a nosa profe cando era pequena, e máis sorpresas.

Enlace ao tríptico: II Xornadas para o fomento da Lingua Galega