A nosa mascota Moli viaxou a Galicia para festexar as Letras Galegas. Axudounos a coñecer un pouco máis a nosa Comunidade.

Empezamos buscando España no mapa, para despois localizar Galicia.

Buscamos o noso escudo entre varios.

Fixemos a bandeira de Galicia.

Un quebracabezas da Muralla.

Tivemos unha sesión de maxía, onde Ainhoa e Laura colaboraron de axudantes.

Coñecemos a vida e algún conto de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas Letras Galegas.

Tamén fixemos outras actividades: Xogos tradicionais, contos, videoconferencia con outro Centro, música galega,…