Hoxe trouxeron ao cole os libros-conto que fixeron na casa coa axuda da súa familia. Algúns levan meses traballando e esforzándose para que o seu libro quede perfecto.

Teño que felicitalos porque traballaron moito: buscaron o tema, desenvolvemento da historia, escribiron eles o texto e fixeron os debuxos ou as manualidades.

Espero que despois deste primeiro libro veñan outros, e que algún chegue a ser un gran escritor.

Fixemos unha exposición que poden ver as familias ao longo desta semana.

Parabéns polo voso primeiro libro. Prometo lelos todos!!.