Novo blog

Como xa víchedes os que de vez en cando vos pasades por aquí, este curso non hai ningunha entrada.

Podedes seguirme na seguinte dirección:  https://blogdemarise.com/

Un saúdo.

Fin de curso

Fai moito que non comparto nada no blog. Tiña unhas fotos pendientes das actividades que fixemos en xuño e fixen un video que espero vos guste.

Felices vacacións!

 

III Xornadas para o fomento da lingua galega

Neste video vemos un resumo das actividades que fixemos nas xornadas de galego. Quería dar as grazas as avoas, Pepita e Carmen, fixadevos que atentos estaban as nenas e nenos o que elas nos contaban.

Máis imaxes na páxina web do Centro

Canción Misioneira

Hoxe celebramos a Canción Misioneira. Próximamente estarán colgados os vídeos na nosa páxina web.

Corre por Haití

O sábado desfrutamos dunha xornada solidaria por Haití. Grazas a todos pola vosa presenza e solidariedade. Sodes o mellor exemplo para os vosos fillos e fillas.

Máis imaxes na páxina web do cole.

O globo de Candela

Candela, xunto coa súa familia, fixo este precioso globo que non lle faltaba detalle.

Aniversarios do mes de abril

Pero que maiores estos rapaces!.  Xa cumpliron seis aniños.

PARABÉNS MARCOS!

PARABÉNS IRIA!

PARABÉNS ANA!

Marionetas

Sesión de marionetas con Ton Micromina de “Marionetas con Micromina teatro”.

A locomotora de Iria

Unha vez máis, Iria nos sorprendeu cunha manualidade preciosa feita con material de refugallo: unha locomotora a vapor que utiliza madeira como combustible.

O meu primeiro libro

Hoxe trouxeron ao cole os libros-conto que fixeron na casa coa axuda da súa familia. Algúns levan meses traballando e esforzándose para que o seu libro quede perfecto.

Teño que felicitalos porque traballaron moito: buscaron o tema, desenvolvemento da historia, escribiron eles o texto e fixeron os debuxos ou as manualidades.

Espero que despois deste primeiro libro veñan outros, e que algún chegue a ser un gran escritor.

Fixemos unha exposición que poden ver as familias ao longo desta semana.

Parabéns polo voso primeiro libro. Prometo lelos todos!!.

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos